Páginas

viernes, 28 de enero de 2011

27-X, Folga Xeral en Santiago de Compostela

A valoración da folga en Santiago de Compostela polo CAS é positiva e cunha oposición aos piquetes que ao longo do día non actuaron como deberon completamente; antes de nada vemos que di a CIG sobre Compostela.

Compostela

En Compostela, e segundo explicou o secretario comarcal da CIG, Anxo Noceda, o piquete puido constatar que contra as 9:30 horas, a incidencia da folga no polígono do Tambre estaba entre un 60 e 70%. Pecharon ademais empresas relevantes na cidade como a Papeleira de Brandía, Tórculo ou Cespa.
Noceda tamén salientou que a actividade no aeroporto estivo paralizada, ao igual que as obras de ampliación de Lavacolla.
Respecto da administación, falou dunha incidencia variábel, e superior á da folga do 29 de setembro, no concello. Na Sanidade sinalou unha participación “nos parámetros da última folga” e unha importante incidencia no comercio.
Para o secretario comarcal da CIG de Compostela foi especialmente relevante a participación, de máis de 5.000 persoas, na manifestación que saíu da praza Roxa pasadas ás 12:30 e que abarrotou a Praza de Praterías, até o punto de que parte dos manifestantes non cegaron sequera a acceder á praza.


Con respecto á participación a valoración e positiva, nos esperabamos bastante menos participación que no 29-S a pesar de que a CIG é a que máis forza ten para convocar en Compostela polo que puidemos ver no pasado 29-S; sen embargo, a participación igualou ao pasado 29-S sen ningunha dúbida.

Con respecto ao traballo dos piquetes a valoración é negativa pois a pesar de que foron tan grandes como no 29-S o seu traballo ao igual que na pasada folga a súa tarefa non foi para nada positiva, valorámola de contraproducente; pois aínda que sacaron bastantes traballadores do seu traballo non se chegaron a meter cos bancos grandes nin con Al Campo nin co Corte inglés que é onde tiñan que actuar e non cas pequenas tendas familiares que pagan os pratos rotos dos grandes burgueses do Estado, aínda así polo centro de Santiago cerráronse os locais das telefonías mobiles, as cadeas de supermercados como GADIS e algún local bancario pequeno, estas ultimas actuacións si foron positivas con respecto aos piquetes; os autobuses urbanos non andaban pola rúa e o trafico non circulou con normalidade, estas accións si son positivas.

¿Cal sería a nosa correcta apreciación dos piquetes?

Os piquetes deben ir alí onde estean as grandes empresas, se falamos de Santiago de Compostela; a estación de autobuses, tren e aeroporto, Dia, El Corte Inglés, Bancos sen excepción, Televes, Antena 3, O polígono do Tambre, as escolas e universidades, Gadis, Froid, El Arbol... Calquera grande-mediana empresa xa sexa comercial, transportista ou bancaria no que o seu peche non afectará a ningunha familia como o faría o peche dun bar ou tenda familiar que non teñen nin culpa nin utilidade o seu peche pois xa non só e ir en contra das propias persoas inocentes senón que crea un mal estar e unha mala opinión do movemento obreio e de seguir actuando como se actúa en Santiago só chegaremos á división cada vez maior cando a solución é a unión.

Colectivo Anticapitalista de Santiago

jueves, 27 de enero de 2011

martes, 25 de enero de 2011

Información de última hora sobre a Folga Xeral


O día 27 de xanerio, o día da Folga Xeral, a CIG convocou manifestacións en toda Galiza, Santiago de Compostela incluída e o CAS anima a todo rapaz a participar na manifestación ás 12:30 na Plaza Roxa e si quere, participar nos piquetes os cales comezarán a actuar o 27 de Xaneiro ás 00:00.

Cantos máis mellor, todos temos que estar unidos contra as reformas antisociais do goberno nas que a "banca gaña" pero a clase traballadora perde; se es traballador, pertences a esa clase, se es estudante, pertencerás a esa clase, se es xubilado, pertenciches a esa clase; os afectados somos todos e non podemos deixarnos pisar polos de sempre, de hoxe en diante é o momento de estar todos unidos por unha causa común, facer cumprir os nosos dereitos como seres humanos, dende o CAS esiximos unha vida que non consista en vivir para traballar senón en  traballar para vivir.

                   Para os máis despistados no tema do 27-X, facer click nas fotos.



Colectivo Anticapitalista de Santiago

sábado, 22 de enero de 2011

Segunda acción de propaganda de cara a Folga Xeral


Un compañeiro do CAS pasou polo Sindicato de Estudantes de Santiago de Compostela co fin de axudar á Folga Xeral, conseguiu uns 50-100 panfletos de propaganda que anunciaban a Folga Xeral convocada tamén por este sindicato, o mesmo compañeiro repartiu os panfletos entre alumnos de 3 escolas, o San Pelayo, San Francisco Javier e simbolicamente no Compañía de María. Os resultados non son completamente previsibles pero no San Pelayo dende 4º da ESO ata 2º de Bacherelato faltará a completa maioría dos alumnos, no San Francisco Javier polo menos as clases de 4º da ESO quedarán case valeiras e no Compañía de María faltará algún de 2º de Bacherelato pero non estamos seguros debido a que o sistema de faltas de asistencia de alí funciona ao marxe da legalidade polo que nos comentaron os alumnos de ese centro.

O segundo aporte do CAS na súa curta historia e esperando que sexan máis os aportes, ata entón seguiremos axudando en todo o que poidamos.

Colectivo Anticapitalista de Santiago

sábado, 15 de enero de 2011

Acción de propaganda de cara á Folga Xeral

O día 13 de Xaneiro un membro do CAS foi cos compañeiros do CMC - Colectivo de Mocidades Comunistas en axuda máis simbólica que útil dado que se organizaron moi ben os compañeiros do CMC na pegada de carteis. Colocáronse uns 150-200 carteis reivindicando unha Folga Xeral no Estado Español e por outra banda, de apoio á vindeira Folga Xeral no día 27 de Xaneiro en Galiza.

Despois deste día o CAS xa participou por primeira vez nun aporte de "man de obra" e esperamos que sexa  o comezo dunha longa campaña anticapitalista en colaboración con todas as organizacións que se organizan no terreo santiagués en busca da emancipación da clase traballadora.

Aínda que en branco e negro, 
os carteis eran coma este.

Colectivo Anticapitalista de Santiago

jueves, 13 de enero de 2011

Únete á Folga Xeral!

É necesaria a participación de todas as persoas de Galiza nesta vindeira folga xeral que convocou a CIG a nivel autonómico, pois, no mundo actual o cambio é necesario e para comezar a cambiar o mundo é preciso que todos e cada un de nós aportemos a nosa vontade ás causas comúns da maioría dos seres humanos que habitamos o mundo, neste caso, a defensa dos dereitos dos traballadores que forman ao Estado Español.

Os galegos na súa maioría son membros da clase traballadora a cal precisa dun respecto aos seus dereitos, dereitos que o goberno actual do Estado está a violar escudándose nunca crise económica á cal os traballadores  non conduciron ao Estado.

O goberno, aínda ca lexitimidade legal para recortar dereitos aos traballadores, non conta ca lexitimidade moral para facelo cando non foi culpa nin dos traballadores actuais nin tampouco dos estudantes que tarde ou cedo se sumarán ao mercado laboral. Con respecto ás pensións o mesmo, os antigos traballadores do Estado cotizaron o que tiñan que cotizar e merecen unha pensión xa non só equivalente ao traballado senón que merecen unha pensión acorde cas súas necesidades pois ante todo son persoas.

O argumento das elites do Estado que di que todos temos que contribuír cos problemas do Estado é un argumento moi certo, sen embargo, os traballadores xa contribúen cos seus impostos e co seu propio traballo  abastecendo á sociedade cos produtos do seu traballo, a clase que non cumpre o papel de contribución acorde cas súas capacidades é a clase burguesa a cal goza duns privilexios que si deberían ser recortados, non coma os dereitos dos traballadores, estes xa contribúen máis da conta e xa o facían antes das medidas "anticrisis", a clase burguesa, como clase que vive no estado debe garantir ao igual que o fan os traballadores á economía do Estado, sen embargo non o fan como poderían, recortarlles dereitos á burguesía só significa privalos de luxos innecesarios pois estes xa gozan dunhas condicións materiais de vida que lles permite vivir por encima das súas necesidades. Sen embargo o goberno opta por poñerse ao lado das clases posuidoras e privilexiadas e non do lado da clase desposuída e explotada, como o é a clase traballadora que ademais, curiosamente, é a maioría... Calquera diría que isto é un Estado democrático e xusto.

Únete á folga xeral a favor da democracia e non da actual, da xustiza e non da actual, en defensa das pensións e non das actuais, do emprego e non do actual, dos teus dereitos e non dos actuais xa sexas traballador, estudante, xubilado ou parado!

A democracia a defender é a democracia onde o pobo teña o poder. A xustiza a defender é aquela que di "a cada   un segundo as súas necesidades e de cada un segundo as súas capacidades", as pensións a defender son as que permitan unha vida digna, o emprego a defender é aquel no que non exista a explotación do home polo home, os dereitos a defender son os que defenden completamente ó home como individuo e como membro da sociedade.

Para defender iso o primeiro paso é unirse á folga, plantándolle cara á burguesía e ó goberno.

Para máis información, facer click sobre a foto.
Información de última hora do CAS sobre a folga xeral

Colectivo Anticapitalista de Santiago

miércoles, 12 de enero de 2011

CAS - Colectivo Anticapitalista de Santiago

Hoxe nace o Colectivo Anticapitalista de Santiago, colectivo de esquerda que pretende organizar á xuventude que se una á loita anticapitalista a nivel local; ademais de ser un colectivo para a organización é sobre todo un colectivo de debate e lectura dos pais da corrente ideolóxica da esquerda.

Non pretendemos dividir o movemento obreiro pois non temos unha capacidade organizativa como o ten un partido político ou un sindicato polo que nada máis que pretendemos ser unha organización aglutinadora do movemento de esquerda santiagués co fin de nos informar uns aos outros para así aprender e decidir o que facer ante cada un dos eventos organizados por sindicatos ou partidos co fin de apoialos si consideramos que é necesario.

Facendo uso do dereito de libre asociación seremos un colectivo que pretenderá aportar "man de obra" para as organizacións que precisen de recursos humanos para ademais de aprender a teoría aprendamos a practica da mesma, poderiámonos definir como unha "escola" autodidacta que fai "excursións" co resto de agrupacións anticapitalistas.

Non temos unha organización definida como o tería un colectivo leninista pois penso que iso deberémolo decidir sobre a marcha facendo uns mini congresos como fan os partidos políticos e así facer que o colectivo teña unha cabida maior de persoas, pois diso se trata, cantos máis puntos de vista mellor, sempre e cando non se caia no dogmatismo e na demagoxia que só dificultan o proceso de aprendizaxe e tamén sen caer no erro do abandono da realidade da sociedade actual para así escoller as medidas máis plausibles para a situación na que nos atopamos.

Colectivo Anticapitalista de Santiago