Páginas

jueves, 13 de enero de 2011

Únete á Folga Xeral!

É necesaria a participación de todas as persoas de Galiza nesta vindeira folga xeral que convocou a CIG a nivel autonómico, pois, no mundo actual o cambio é necesario e para comezar a cambiar o mundo é preciso que todos e cada un de nós aportemos a nosa vontade ás causas comúns da maioría dos seres humanos que habitamos o mundo, neste caso, a defensa dos dereitos dos traballadores que forman ao Estado Español.

Os galegos na súa maioría son membros da clase traballadora a cal precisa dun respecto aos seus dereitos, dereitos que o goberno actual do Estado está a violar escudándose nunca crise económica á cal os traballadores  non conduciron ao Estado.

O goberno, aínda ca lexitimidade legal para recortar dereitos aos traballadores, non conta ca lexitimidade moral para facelo cando non foi culpa nin dos traballadores actuais nin tampouco dos estudantes que tarde ou cedo se sumarán ao mercado laboral. Con respecto ás pensións o mesmo, os antigos traballadores do Estado cotizaron o que tiñan que cotizar e merecen unha pensión xa non só equivalente ao traballado senón que merecen unha pensión acorde cas súas necesidades pois ante todo son persoas.

O argumento das elites do Estado que di que todos temos que contribuír cos problemas do Estado é un argumento moi certo, sen embargo, os traballadores xa contribúen cos seus impostos e co seu propio traballo  abastecendo á sociedade cos produtos do seu traballo, a clase que non cumpre o papel de contribución acorde cas súas capacidades é a clase burguesa a cal goza duns privilexios que si deberían ser recortados, non coma os dereitos dos traballadores, estes xa contribúen máis da conta e xa o facían antes das medidas "anticrisis", a clase burguesa, como clase que vive no estado debe garantir ao igual que o fan os traballadores á economía do Estado, sen embargo non o fan como poderían, recortarlles dereitos á burguesía só significa privalos de luxos innecesarios pois estes xa gozan dunhas condicións materiais de vida que lles permite vivir por encima das súas necesidades. Sen embargo o goberno opta por poñerse ao lado das clases posuidoras e privilexiadas e non do lado da clase desposuída e explotada, como o é a clase traballadora que ademais, curiosamente, é a maioría... Calquera diría que isto é un Estado democrático e xusto.

Únete á folga xeral a favor da democracia e non da actual, da xustiza e non da actual, en defensa das pensións e non das actuais, do emprego e non do actual, dos teus dereitos e non dos actuais xa sexas traballador, estudante, xubilado ou parado!

A democracia a defender é a democracia onde o pobo teña o poder. A xustiza a defender é aquela que di "a cada   un segundo as súas necesidades e de cada un segundo as súas capacidades", as pensións a defender son as que permitan unha vida digna, o emprego a defender é aquel no que non exista a explotación do home polo home, os dereitos a defender son os que defenden completamente ó home como individuo e como membro da sociedade.

Para defender iso o primeiro paso é unirse á folga, plantándolle cara á burguesía e ó goberno.

Para máis información, facer click sobre a foto.
Información de última hora do CAS sobre a folga xeral

Colectivo Anticapitalista de Santiago