Páginas

miércoles, 12 de enero de 2011

CAS - Colectivo Anticapitalista de Santiago

Hoxe nace o Colectivo Anticapitalista de Santiago, colectivo de esquerda que pretende organizar á xuventude que se una á loita anticapitalista a nivel local; ademais de ser un colectivo para a organización é sobre todo un colectivo de debate e lectura dos pais da corrente ideolóxica da esquerda.

Non pretendemos dividir o movemento obreiro pois non temos unha capacidade organizativa como o ten un partido político ou un sindicato polo que nada máis que pretendemos ser unha organización aglutinadora do movemento de esquerda santiagués co fin de nos informar uns aos outros para así aprender e decidir o que facer ante cada un dos eventos organizados por sindicatos ou partidos co fin de apoialos si consideramos que é necesario.

Facendo uso do dereito de libre asociación seremos un colectivo que pretenderá aportar "man de obra" para as organizacións que precisen de recursos humanos para ademais de aprender a teoría aprendamos a practica da mesma, poderiámonos definir como unha "escola" autodidacta que fai "excursións" co resto de agrupacións anticapitalistas.

Non temos unha organización definida como o tería un colectivo leninista pois penso que iso deberémolo decidir sobre a marcha facendo uns mini congresos como fan os partidos políticos e así facer que o colectivo teña unha cabida maior de persoas, pois diso se trata, cantos máis puntos de vista mellor, sempre e cando non se caia no dogmatismo e na demagoxia que só dificultan o proceso de aprendizaxe e tamén sen caer no erro do abandono da realidade da sociedade actual para así escoller as medidas máis plausibles para a situación na que nos atopamos.

Colectivo Anticapitalista de Santiago